
Campamento Deportivo 2025
Para nen@s nacidos entre os anos 2011 e 2020. Comezaremos o 24 de Xuño ata o 01 de Agosto (a excepción do 25 de Xullo, festivo). O campamento será de luns a venres, cada semana, de 10.30 a 13.30 con opción a contratar o horario ampliado de 09.00 a 14.00.
Inscricións xa abertas!
En que consiste?
Se os peques naceron no ano 2019 ou 2020 o Campamento é moito máis lúdico, ademais de ir a Piscina todos os días tamén terán xogos adecuados á súa idade e diversas actividades deportivas e psicomotrices.
Os nenos e nenas nacidos entre o 2018 e o 2011 todos os días terán dúas actividades deportivas:
- Tódolos días comezarase cunha actividade deportiva distinta: atletismo, futbol sala, basket, adestramento funcional, etc….
- E na segunda fase de cada xornada terán sempre un Campus da disciplina que elixisen de entre os seguintes deportes: Natación, Boxeo ou Padel.
Este ano, como novidade, realizaremos tamén actividades ao aire libre na zona da Freixa.
Inscrición, confirmación de prazas e condicións
A forma de inscrición será a través deste formulario habilitado a tal fin ou na recepción:
A praza confirmarase co pago da primeira semana da/s contratadas. Poderá pagar na recepción do centro. A contratación será por semana, 4 semanas ou 6 semanas.
O Campamento Deportivo está reservado para nenos/as nacidos entre o ano 2011 e 2020.
Horarios:
- De luns a venres de 10:30 a 13:30.
- Horario ampliado de 09:00 a 14:00.
Se necesitas deixar ao menor antes deste horario ofrecémosche a posibilidade de contratar o horario ampliado. O Complexo Deportivo Alvaro Pino non se fará cargo dos menores fora desta franxa horaria. Por favor, sexamos responsables e ante calquera incidencia ponte en contacto connosco.


Tarifas e descontos
As tarifas de reserva serán dunha semana. Prezos:
- Semanal: 62€
- 4 semanas: 226€
- 6 Semanas: 338€
- Horario ampliado: 25€/semana
- Descontos: 5€ por semana en caso de ser irmáns, abonados ou cursillistas
Información que debes ter en conta
ALERXIAS, ENFERMIDADES, E OUTRAS CIRCUNSTANCIAS
Se o neno/a ten algún tipo de alerxias, padece algunha enfermidade, ten algún tipo de medicación, por favor indícao na inscrición.
QUE DEBO TRAER NA MOCHILA?
- Unha botella de auga e de merenda, preferentemente, unha froita.
- Bañador, chancletas, gorros, gafas de piscina.
- Gorra.
- As mochilas deberán vir marcadas co nome.