Campamento Deportivo 2024

Para nen@s nacidos entre os anos 2010 e 2019. Comezaremos o 24 de Xuño ata o 02 de Agosto (a excepción do 25 de Xullo, festivo). O campamento será de luns a venres, cada semana, de 10.30 a 13.30 con opción a contratar o horario ampliado de 09.00 a 13.30.

Inscricións xa abertas!

En que consiste?

Se os peques naceron no ano 2018 ou 2019 o Campamento é moito máis lúdico, ademais de ir a Piscina todos os días tamén terán xogos adecuados á súa idade e diversas actividades deportivas e psicomotrices.

Os nenos e nenas nacidos entre o 2017 e o 2010 todos os días terán dúas actividades deportivas:

  • Tódolos días comezarase cunha actividade deportiva distinta: atletismo, futbol sala, basket, adestramento funcional, etc….
  • E na segunda fase de cada xornada terán sempre un Campus da disciplina que elixisen de entre os seguintes deportes: Natación, Boxeo e Padel.

Inscrición, confirmación de prazas e condicións

A forma de inscrición será a través deste formulario habilitado a tal fin ou na recepción:

Formulario de inscrición
 

A praza confirmarase co pago da primeira semana da/s contratadas. Poderá pagar na recepción do centro. A contratación será por semana, 4 semanas ou 6 semanas.

O Campamento Deportivo está reservado para nenos/as nacidos entre o ano 2010 e 2019.

Horarios:

  • De luns a venres de 10:30 a 13:30.
  • Horario ampliado de 09:00 a 13:30.

Se necesitas deixar ao menor antes deste horario ofrecémosche a posibilidade de contratar o horario ampliado. O Complexo Deportivo Alvaro Pino non se fará cargo dos menores fora desta franxa horaria. Por favor, sexamos responsables e ante calquera incidencia ponte en contacto connosco.

Tarifas e descontos

As tarifas de reserva serán dunha semana. Prezos:

  • Semanal: 59€
  • 4 semanas: 214€
  • 6 Semanas: 320€
  • Horario ampliado: 22€/semana
  • Descontos: 5€ por semana en caso de ser irmáns, abonados ou cursillistas 

Información que debes ter en conta

ALERXIAS, ENFERMIDADES, E OUTRAS CIRCUNSTANCIAS

Se o neno/a ten algún tipo de alerxias, padece algunha enfermidade, ten algún tipo de medicación, por favor indícao na inscrición.

QUE DEBO TRAER NA MOCHILA?

  • Unha botella de auga e de merenda, preferentemente, unha froita.
  • Bañador, chancletas, gorros.
  • Gorra.
  • As mochilas deberán vir marcadas co nome.