🕒 HORARIO · Luns a venres: 7:15 – 23:00 | Sábados: 09:00 – 14:00 e 17:00 – 21:00 | Domingos e festivos: 10:00 – 14:00
Dirixido a nenos e nenas nados entre 2012 e 2021, o noso Campamento Deportivo combina actividades deportivas, xogos, piscina e actividades ao aire libre nun contorno seguro e supervisado por profesionais.
Organizamos as actividades por grupos de idade para adaptar a experiencia, a aprendizaxe e a diversión a cada etapa.
Natación
Atletismo
Pádel
Boxeo
Baloncesto
Fútbol sala
Adestramento funcional
E moito máis
Cada xornada inclúe dúas actividades deportivas:
Unha proposta especialmente lúdica que combina piscina diaria, xogos adaptados á súa idade e actividades deportivas e psicomotrices deseñadas para favorecer o seu desenvolvemento.
Se precisas deixar o menor antes do horario habitual, ofrecémosche a posibilidade de contratar o horario ampliado, de 09:00 a 14:00.
Podes realizar a inscrición a través do formulario en liña ou directamente na recepción do complexo. A praza quedará confirmada unha vez realizado o pagamento da primeira semana contratada.
Aplicarase un desconto de 5 € por semana no caso da inscrición de irmáns, persoas abonadas ao complexo ou alumnado habitual dos cursos.
Se o menor presenta algunha alerxia, enfermidade ou necesita medicación, é imprescindible indicalo durante o proceso de inscrición.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
7:15 - 23:00
9:00 - 14:00
17:00-21:00
10:00 - 14:00
Copyright © 2026 – Complexo Deportivo Álvaro Pino