RGPD (Regulamento Xeral de Protección de Datos)
En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, INSDEGA XXI, S.L. infórmao de que os datos persoais que nos sexan facilitados serán incorporados para o seu tratamento en ficheiros automatizados.
Responsable
INSDEGA XXI, S.L.
CIF: B36531499
C/ VILLANUEVA, 30 – 36880 LA CAÑIZA (PONTEVEDRA)
Teléfono: 986.644.757
E-mail: administracion@insdega.com
Finalidades
Trataremos os seus datos para a xestión do envío de información e da prospección comercial por correo electrónico, fax, SMS, MMS, redes sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro. Estas comunicacións comerciais estarán relacionadas cos produtos ou servizos ofrecidos polo prestador, así como polos colaboradores ou socios cos que este alcanzase algún acordo de promoción comercial entre os seus clientes.
Tamén trataremos os seus datos para tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto postas á súa disposición no sitio web da empresa.
Así mesmo, trataremos os seus datos para a xestión e envío de ofertas de produtos e servizos, sempre relacionados coa nosa actividade empresarial, así como para a súa xestión técnica e para a xestión administrativa, de facturación e legal relativa aos produtos e servizos contratados.
Conservación
Os datos persoais facilitados conservaranse mentres se manteña a relación coa entidade e non se solicite a súa supresión por parte da persoa interesada. Así mesmo, conservaranse durante os prazos legalmente establecidos en materia fiscal e contable, tomando como referencia a última comunicación.
Decisións automatizadas
INSDEGA XXI, S.L. non adoptará decisións automatizadas nin elaborará perfís nin aplicará lóxica automatizada sobre os seus datos.
Lexitimación
A comunicación dos datos persoais constitúe un requisito legal ou contractual e é necesaria para poder facilitarlle información, enviar ofertas, resolver cuestións técnicas ou formalizar a contratación dos nosos produtos e servizos. Infórmase á persoa interesada de que está obrigada a facilitar os datos persoais, así como os datos necesarios relativos á contratación con INSDEGA XXI, S.L., e que a falta destes poderá supoñer a imposibilidade de prestar o servizo solicitado.
Destinatarios
– Durante o período de tratamento, INSDEGA XXI, S.L. non realizará ningunha cesión de datos, salvo por obriga legal, nin efectuará transferencias de datos.
– De maneira opcional, poderanse realizar transferencias temporais aos fabricantes dos que INSDEGA XXI, S.L. sexa distribuidor autorizado.
Dereitos
A persoa interesada poderá exercer os seguintes dereitos:
– Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
– Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
– Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
– Derecho a oponerse al tratamiento.
– Dereito á portabilidade dos datos.
– Dereito a retirar o consentimento prestado.
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se INSDEGA XXI, S.L. está a tratar datos persoais que a afecten. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais e a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para as finalidades para as que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, caso no que unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Así mesmo, e por motivos relacionados coa súa situación particular, poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. Neste caso, a entidade deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou para o exercicio ou defensa de posibles reclamacións.
Se outorgou o seu consentimento para unha finalidade concreta, poderá retiralo en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento realizado con anterioridade á retirada do consentimento.
En consecuencia, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, poderá exercer os seus dereitos remitindo unha solicitude expresa a: INSDEGA XXI, S.L. en C/ Villanueva, 30 – 36880 A Cañiza (Pontevedra), achegando a documentación necesaria para acreditar legalmente a identidade da persoa solicitante.
Se considera vulnerados os seus dereitos en materia de protección de datos persoais, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos mesmos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente, a Axencia Española de Protección de Datos, a través do seu sitio web: www.agpd.es
En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, se non desexa seguir recibindo información sobre os nosos servizos, poderá darse de baixa enviando un correo electrónico ao enderezo da entidade, indicando no asunto «Non enviar correos».
PROCEDENCIA DOS DATOS
Os datos persoais tratados por INSDEGA XXI, S.L. proceden directamente da persoa interesada ou son de acceso público en Internet ou na páxina web da súa empresa.
As categorías de datos tratadas son:
– Datos básicos de identificación, persoais e da empresa.
– Códigos ou claves de identificación.
– Enderezos postais ou electrónicos.
– Información comercial
– Datos económicos
– Non se tratan datos especialmente protexidos.
Confidencialidade
Calquera dato ou información remitida a INSDEGA XXI, S.L., con independencia do seu formato ou soporte, será tratado coa máxima confidencialidade e reserva. Unicamente no caso de que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado soliciten o acceso a esa información, nos estritos termos previstos pola lexislación vixente, ou noutros supostos legalmente establecidos, esta será facilitada de conformidade co que esixe a lei.